lunes, 16 de abril de 2012

Porque hai tantos contos bonitos ...

Hai taaaaantos contos que paga a pena non esquecer ... e por iso, nace este blog. E principalmente para que poida ser útil a alguén, en principio, para dúas persoas non esquezan o que nalgún tempo formou parte das súas vidas. Ó meu corazonciño, marrón, vivaracho, a quen o que mais lle gusta, ademais de correr, non é xogar cas bonecas nin a cocinitas, senón QUE LLE CONTEN CONTOS. E aí tamén contribúe o meu outro corazonciño, branco, mais grande, adolescente, e moi pero que moi lectora. GRAZAS ÁS DÚAS por compartir este placer. E aquí tamén iremos gardando estes tesouros para o próximo coranzonciño, ese que está a chegar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario