domingo, 25 de noviembre de 2012

MACARIO DROMEDARIO


O pequeno dromedario, farto dos comportamentos abusivos dos seus irmáns, non é quen de lles facer fronte, e chora sen parar.
É por iso tamén que a súa xiba cada vez torna máis insignificante. Pero cando as cousas comecen a se poñer difíciles e xurdan os problemas… Macario demostrará quen é o máis forte.

Nos primeiros anos da infancia, a complexidade das emocións pode facerlles sentir aos máis  pequenos que non atopan as palabras para se expresar, e aparece entón o pranto, case sempre ante situacións de medo, angustia, frustración, confusión, necesidade… (OQO, catálogo 2012) 

Dos mesmos autores que MARILUZ AVESTRUZ, cun debuxo moi sinxelo, do mesmo estilo, cunha personaxe moi tenra, trata esa temática rematando felizmente. 



Tamén hai un LIM sobre este conto no seguinte enlace



1 comentario:

  1. Este cuento acompañó en su maleta a nuestro pequeño saharaui cuando regresó a los campamentos hace ya unos años. Recuerdo ese verano leérselo casi todos los días, y aunque claro está que no podía leerlo, acabó aprendiéndoselo de memoria. Muy gratos recuerdos :)

    ResponderEliminar